FERNÁNDEZ-TAPIAS DESTACA A OFERTA FORMATIVA DA ESCOLA DE HOSTELERÍA DO CIFP MANUEL ANTONIO DE VIGO
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou este mércores a Escola de Hostelería do CIFP Manuel Antonio e participou xunto ao alumnado do ciclo de Cociña e Gastronomía na elaboración de varios pratos. A representante autonómica destacou a oferta formativa da escola que destaca pola súa traxectoria e prestixio dende fai xa 23 anos na nosa cidade.