FERNÁNDEZ-TAPIAS DESTACA A FIGURA DO ESCRITOR PORTUGUÉS JOSÉ SARAMAGO NA APERTURA DAS XORNADAS INTERNACIONAIS EN VIGO POLO DO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

A delegada territorial de Xunta en Vigo deu a benvida aos participantes nas conferencias que se celebrarán na sede do Parque Nacional Illas Atlánticas

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este mércores na presentación das VII Conferencia Internacional José Saramago que se celebran na cidade con motivo do centenario do nacemento do escritor portugués. A representante autonómica deu a benvida aos conferenciantes, un total de 61 persoas procedentes de 41 universidades de 18 países, e destacou a figura do premio Nobel portugués, así como a importancia universal do seu pensamento e tamén a súa conexión con Vigo.