FERNÁNDEZ-TAPIAS DESTACA A COLABORACIÓN DO SECTOR NAVAL E METAL COA ARMADA COMO EXEMPLO DE VANGARDA TECNOLÓXICA

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou no recoñecemento de Asime ao 250 Aniversario do Corpo de Enxeñeiros da Armada

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este xoves no acto de recoñecemento organizado pola Asociación de Industrias Metalúrxicos de Galicia (Asime) con motivo do 250 Aniversario do Corpo de Enxeñeiros da Armada.

A representante autonómica, acompañada por Justo Sierra, presidente de Asime, e Santiago Ramón González Gómez, almirante xefe de Apoio Loxístico da Armada, estivo presente na homenaxe realizada na cidade polas empresas do sector naval marítimo galego e as industrias do metal. “A relación entre o sector e a Armada alcanzou cotas de colaboración que xa son exemplo para outros sectores económicos”, sinalou.

Durante su intervención, Fernández-Tapias destacou o papel da Armada como factor decisivo para converter a España nunha potencia tecnolóxica. “A día de hoxe somos pioneiros en tecnoloxía naval e sistemas de control de plataforma gracias ao programa de colaboración desenrolado pola Armada desde hai 30 anos”, apuntou.

Segundo sinalou a delegada territorial, os avances no ámbito militar repercuten directamente no civil. “As melloras convértense en beneficios para a poboación, non unicamente en factores como a economía ou a saúde, senón tamén en carga de traballo e emprego, obxectivos prioritarios para a Xunta de Galicia”, engadiu.

Precisamente, lembrou que esta mesma semana o Goberno galego mantivo reunións de traballo con representantes de Aclunaga e Asime para avanzar na Estratexia Naval 2022-2026 con obxectivo de seguir incorporando as achegas dos sector. “As finalidades de esta folla de ruta é aproveitar as oportunidades que se van a xerar arredor da innovación, a sostibilidade e o talento”, dixo.

O crecemento da industria do naval en Galicia suma a día de hoxe máis de 290 empresas, 26.000 postos de traballo directos e indirectos e xera uns ingresos de 2.100 millóns de euros, o que supón o 3,5% do PIB.