FERNÁNDEZ-TAPIAS DESTACA A CAPACIDADE DAS EMPRESAS VIGUESAS PARA A SÚA MODERNIZACIÓN A TRAVÉS DO PROGRAMA DE DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, tivo oportunidade hoxe de coñecer o traballo que se leva a cabo na empresa Roeirasa, situada no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares (PTL) e adicada ao suministro de accesorios para a industria. A representante autonómica destacou a capacidade das empresas viguesas para abordar a súa modernización e puxo como exemplo a firma viguesa que xa ten en marcha o seu propio proxecto, apoiado polo programa de dixitalización Industria 4.0 do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), para abordar os novos canais dixitais.