Fernández-Tapias denuncia o trato de favor do Goberno Central a Cataluña fronte a Vigo pola fábrica de baterías

A delegada territorial da Xunta en Vigo reclama ao alcalde vigués que antepoña a cidade aos intereses do seu partido no Executivo de España
Sinala que o apoio ao proxecto catalá é só un exemplo máis da discriminación á que ten sometida Sánchez á cidade, e que o rexedor é cómplice deste agravio
Nin Corredor Atlántico nin saída sur nin subestación eléctrica, apunta, ao tempo que chama o alcalde a defender o lugar de Vigo na planificación da política nacional
A representante autonómica reitera o seu compromiso de “traballar desde a Xunta por Vigo e polos vigueses e viguesas”

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, sinalou hoxe ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, como cómplice do retroceso de Vigo en connivencia co Goberno de España e chamoulle a defender os intereses da cidade por riba dos propios do PSOE en Madrid. Entende a delegada que o Executivo de Sánchez segue a gobernar de costas a cidade, e que mentres o rexedor vigués “cala e admite que non se lle dea a cidade o lugar que lle corresponde”.

E o caso, indicou a representante autonómica, do apoio a unha fábrica de baterías eléctricas en Cataluña, anunciada antes de que finalice o proceso de selección de iniciativas para optar aos fondos europeos e na que o Estado anunciou que incluso participará como accionista. Neste sentido, Fernández-Tapias acusou ao alcalde de perder onte unha oportunidade de ouro para reclamar ao Goberno central o mesmo trato para Vigo en lugar de gastar as súas enerxías culpando de novo á Xunta, como vén sendo habitual.

O seu xuízo, Caballero non estivo a altura ante unha noticia destas características, coñecedor da importancia que ten o sector da automoción para a cidade e da existencia da candidatura do proxecto AutoAncora, vinculado al grupo PSA con fábrica en Vigo e que busca mobilizar 1.300 millóns de euros.

Segundo dixo, a súa obsesión coa Xunta non lle deixa mirar pola cidade, “prefire atacarnos antes que recoñecer a incompetencia do Executivo de Sánchez”, co que comparte cores políticos. “Como a primeira cidade de Galicia o alcalde debería reclamar aos seus o lugar que se merece ocupar Vigo no ámbito da política nacional”, aseverou tallante.

Cúmulo de despropósitos

Neste aspecto, insistiu en que o da fábrica de baterías catalá é solo un agravio más dos que colecciona a día de hoxe o Goberno Central con respecto a Vigo. Entre os máis importantes, o que segue a ponderar o corredor do Mediterráneo fronte ao corredor do Atlántico, que facilitaría a saída de mercancías desde o porto vigués gañando este en competitividade. A reivindicada saída Sur que ten que ver máis cos pasaxeiros e que segue a sumar estudos informativos sen avances sobre o terreo. Esta, recordou, permitiría facer pasante a estación de Urzaíz e pechar Guixar, reducir as distancias en tempo con Madrid e Portugal, e situar a Galicia no mapa das redes transeuropeas.

A conexión de Vigo á rede de transporte que Rede Eléctrica de España deixa fóra da súa planificación é outra das discriminacións ás que fixo referencia Fernández-Tapias. Un compromiso que foi tido en conta polo Goberno de Mariano Rajoy e que agora o presidente Feijóo ten que volver a pelexar. “Non é que non nos dean o que nos corresponde é que nos quitan o que xa tíñamos”, apuntou. Segundo dixo, esta decisión de Sánchez prexudica a competitividade do tecido industrial de Vigo e a calidade do servizo aos consumidores.

Un cúmulo de decisións discriminatorias, a ollos da delegada territorial, ante as que o alcalde, de quen recordou chegou a liderar o fracasado plan de ceder 80 millóns de euros dos remanentes de Vigo a Sánchez, segue a calar. “Mal vamos si cando o Goberno prima a outros territorios fronte ao noso, Caballero o único que ten que dicir é que a culpa é da Xunta”, subliñou para reclamarlle que asuma as súas responsabilidades como primeiro edil vigués e priorice a Vigo por encima de todo.

E por si isto fóra pouco, a delegada censurou os irrisorios 100.000 euros que destina o Estado a autovía Vigo-O Porriño ou os 500.000 orzamentados para o proxecto de entrada do AVE a cidade por Cerdedo. Recordou que a Xunta estivo esperando 8 meses polos informes sectorais do Goberno central para a ampliación do Ifevi, cun atraso importante nunha obra que é primordial para Vigo e que, no caso da Biblioteca do Estado, non so non destina máis de 100.000 euros, senón que corrixe á baixa e reduce á metade o proxecto de necesidades remitido pola Executivo autonómico. “En Vigo queremos a mellor biblioteca pública do Estado e aínda descoñecemos a opinión do alcalde ao respecto”, incidiu.

Con todo, pese a todos estes agravios, a delegada reiterou o seu compromiso de “traballar desde a Xunta por Vigo e polos vigueses e viguesas”. “Para nós Vigo debe estar por riba de todo”, concluíu.