FERNÁNDEZ-TAPIAS DÁ A BENVIDA AOS PARTICIPANTES DO IX MARATÓN DE MUS CIDADE DE VIGO
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acudiu este sábado ao Hotel Cidade de Vigo para dar a benvida aos participantes no IX Maratón de Mus que se disputou durante toda a xornada con medio centenar de xogadores.
