FERNÁNDEZ-TAPIAS CONDENA OS ATAQUES AOS XUÍCES E AMOSA O SEU “APOIO E RESPALDO” Á LABOR DA XUDICATURA NA APERTURA DAS XORNADAS DE DEREITO PRIVADO EN VIGO

A delegada da Xunta en Vigo participou este xoves na presentación do congreso de Xuizas e Xuíces pola Democracia na cidade
“É inadmisible e intolerable os ataques do Goberno central aos xuíces ante un erro garrafal na nova Lei de Garantía da Liberdade Sexual ”, sinalou

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este xoves na apertura das X Xornadas da Comisión de Dereito Privado que a asociación Xuizas e Xuíces pola Democracia celebra na cidade este 17 e 18. Durante a súa intervención, a representante autonómica condenou os ataques á xudicatura por parte do Goberno central nas últimas horas a raíz das eivas que contén a nova Lei de Garantía da Liberdade Sexual.

“Hoxe debemos reivindicar a ilustre tarea de administrar xustiza de forma independente  e responsable, sometidos unicamente ao impero da lei. Creo que isto é básico e fundamental, porque quero incidir hoxe na imprescindible independencia do poder xudicial e da necesidade de defender a súa labor”, sinalou.

Fernández-Tapias engadiu que “son inadmisibles e intolerables os ataques do Goberno central” acusando ao xuíces de administrar “xustiza machista” trar cometer un “erro garrafal da lei” do que xa se avisara desde a xudicatura. “Desde aquí todo o meu apoio, respecto e respaldo ao voso traballo”, sinalo.

No acto, celebrado na sede da Deputación, participaron tamén Ana García Orruño, coordinadora da Comisión de Dereito Privado de Xuizas e Xuíces pola Democracia; Edmundo Rodríguez Achutegui, maxistrado e coportavoz da asociación, a concelleira Yolanda Aguiar e o deputado Carlos López Font.

A delegada da Xunta deu a benvida aos participantes nas xornadas e invitounos a visitar a Cidade da Xustiza, construída pola Xunta de Galicia cun investimento de máis de 42 millones e agora mesmo en pleno proceso de traslado desde os edificios da rúa Lalín.

A Comisión de Dereito Privado do colectivo elexiu Vigo para realizar este congreso e abordar durante dous días apreocupación pola situación dos usuarios da administración de xustiza, profesionais do dereito, persoas consumidoras e quen acode a solicitar tutela xudicial efectiva na administración de xustiza.

Máis de 30 xuizas e xuíces de toda España debatirán sobre as novidades lexislativas en materia de persoas con diversidade funcional, a segunda oportunidade para familias insolventes, as razóns polas que se mantén unha elevada litigiosidadbancaria e os problemas actuais do dereito de familia e protección dos menores.