FERNÁNDEZ-TAPIAS CELEBRA O DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA COS ESTUDANTES DE INFANTIL E PRIMARIA DO CEIP PINTOR LAXEIRO

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acudiu este luns ao CEIP Pintor Laxeiro para participar nos actos programados polo Día Escolar da Paz e da Non Violencia con preto de 500 alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria.