FERNÁNDEZ-TAPIAS ASISTE AO FESTIVAL DE CORAIS EN BEMBRIVE E ACOMPAÑA AOS VECIÑOS DE LAVADORES NA FESTA DO SOCIO
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiu este sábado ao Festival de Corais no Auditorio da S.C.D.R. Helios de Bembrive onde puido desfrutar das actuacións das corais polifónicas da CSCR de Beade, do CVC de Valladares e do S.C.D.R. Helios de Bembrive.
Logo do seu paso por Bembrive, Fernández-Tapias desprazouse ata a parroquia viguesa de Lavadores para acompañar á veciñanza nunha nova edición da Festa do Socio, coincidindo coa merenda de irmandade que se celebrou nas instalacións do local social.