FERNÁNDEZ-TAPIAS ASISTE Á XXIV FESTA DOS CALLOS E DOS SOCIOS NA PARROQUIA VIGUESA DE BEADE
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou hoxe na XXIV edición da Festa dos Callos e dos Socios organizada pola Asociación de Veciños de Beade.
A representante autonómica tivo oportunidade de desfrutar dunha das 1.500 racións que se repartiron entre os asistentes nunha das citas gastronómicas máis esperadas da tempada de outono. Fernández-Tapias recoñeceu que, tras dous anos de espera, “tiñamos xa ganas de compartir, rir e degustar xuntos estes callos”. Asemade, fixo un chamamento a non perder as tradicións que son “unha fonte de identidade”.
