FERNÁNDEZ-TAPIAS ASISTE Á TOMA DE MANDO DO CAPITÁN DE NAVÍO ANTONIO COUCE DA COMANDANCIA NAVAL DE VIGO

A delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, participou hoxe no acto de toma de mando do capitán de navío Antonio Couce da Comandancia Naval de Vigo.

Couce substitúe ao capitán de fragata Carlos Cárdenas Crespo, quen tras catro anos destinado na cidade vén de ser designado xefe da sección de aeronaves na Xefatura de Apoio Loxístico da Armada.