FERNÁNDEZ-TAPIAS ASISTE Á SAÍDA DA “GRAN BIKEDADA 2023” NA QUE PARTICIPAN CENTOS DE AFECCIONADOS AO CICLISMO

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acudiu este domingo á saída dunha nova edición da Gran Bikedada no paseo de Montero Ríos da cidade. Preto de 800 participantes, federados e non federados, percorreron seis municipios nunha viaxe de ida e volta por Vigo, Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior, Fornelos de Montes e Ponte Caldelas.  Entre os ciclistas atopábase o ponteareano Álvaro Pino, campión da Volta a España en 1986.