FERNÁNDEZ-TAPIAS ASISTE Á MOVILIZACIÓN DO DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO NA PORTA DO SOL DE VIGO

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiu este venres aos actos organizados pola Asociación Española contra o Cancro (Aeac) na Porta do Sol con motivo do Día Mundial contra o Cancro. A representante autonómica participou na representación dun gran lazo verde co obxectivo de visibilizar a realidade da enfermidade.