FERNÁNDEZ-TAPIAS ASISTE Á CONFERENCIA “O VIGO QUE SOÑAMOS”

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiu este xoves á conferencia “O Vigo que soñamos», impartida por Patricia García, presidenta de Femxa e expresidenta do Círculo de Empresarios de Galicia. O acto tivo lugar na Escola Municipal de Artes e Oficios.