FERNÁNDEZ-TAPIAS ASISTE Á CEA DOS EXXOGADORES DO CELTA
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiu a noite do sábado á cea organizada pola Asociación de Exxogadores do Celta que se celebrou no Hotel Attica 21 de Samil. A gala contou coa presenza dunhas 300 persoas, entre eles o presidente do colectivo de exfutbolistas, Francisco Doblas, e o presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño.

