FERNÁNDEZ-TAPIAS ANIMA AO CLUB DO BALONCESTO SEIS DO NADAL A MANTER O SEU ESPÍRITO SOLIDARIO E INCLUSIVO NO SEU 40 ANIVERSARIO: “SODES UNHA REFERENCIA PARA A CIDADE”
A delegada da Xunta en Vigo participou este xoves na presentación da nova temporada do equipo fundado en 1983 e que conta con 700 xogadores e máis de 40 adestradores
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este xoves na presentación do Club Baloncesto Seis do Nadal para a temporada 2022-23 despois de dous anos no que non fora posible pola pandemia.
Durante o multitudinario acto celebrado no pavillón de Navia, a representante autonómica felicitou á entidade deportiva viguesa fundada en 1983 e a piques de celebrar o seu 40 aniversario. “A cidade está orgullosa da vosa labor solidaria e inclusiva, porque sodes máis que un club, xa sodes unha referencia para Vigo”, sinalou.
O Club de Baloncesto Seis do Nadal conta con 700 xogadores, máis de 40 adestradores e monitores e 31 equipos federados, ademais de 10 escolas deportivas e unha sección de baloncesto adulto.