FERNÁNDEZ-TAPIAS ANIMA Á CIDADANIA A PARTICIPAR NA CAMPAÑA “CADA NENO UN XOGUETE” DA ASOCIACIÓN STOP VIGO

A delegada territorial da Xunta participou este venres na presentación da iniciativa solidaria que xa repartiu 72.000 xogos entre os pequenos vigueses
”Temos que conseguir que ningún neno vigués quede sen o seu xoguete este Nadal”, sinalou Fernández-Tapias

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentou este venres na campaña “Cada neno un xoguete 2022” que impulsa a asociación Stop Vigo para levar miles de regalos este Nadal ata as casas dos máis pequenos. Durante o acto celebrado no Centro Comercial Gran Vía, a representante autonómica animou aos vigueses a participar na iniciativa que xa cumple a súa décimosegunda edición.

“Temos que conseguir que ningún neno quede sen o seu xoguete, hai que protexer aos máis pequenos sempre, pero no Nadal moito máis, porque a súa aprendizase xogando é fundamental, xa non unicamente a súa ilusión polos regalos senon a función didáctica que aportan”, apuntou Fernández-Tapias durante a súa intervención. Acompañada pola subdirectora do centro comercial, Marta Jácome, e o organizador, Carlos Leiro, a delegada felicitou aos impulsores da campaña solidaria e agradeceu a colaboración de entidades privadas e voluntarios.

Segundo apuntou, a campaña contará con 15 puntos de recollida de xoguetes e un almacén central en Coruxo. A recolecta de agasallos xa comezou o pasado 10 de novembro e finalizará o vindeiro 4 de xaneiro, cando levarase a cabo a entrega aos nenos e nenas viguesas. “É impresionante a cantidade de persoas e empresas que dan o seu apoio e creo que labor que facedes desde hai tantos anos canalizando toda a solidaridade viguesa é moi importante”, sinalou.

Na edición do pasado ano 2021 foron recollidos máis de 15.000 xoguetes, unha cifra case que un 10% máis que no ano anterior, e ao longo das doce edicións celebradas a suma elévase ata máis de 72.000 regalos donados.  En 2016 a campaña foi nominada para os premios Influence Awards, organizados pola firma Influencity, no apartado Mellor Campaña (Influence Campaign).