A delegada territorial e presidenta do CCVV visitou San Sebastián 20, unha das promocións paralizadas polo rechazo dos membros do PSOE a aprobar os orzamentos
FERNÁNDEZ-TAPIAS ACUSA AO GOBERNO DE VIGO DE PARALIZAR A ACTIVIDADE DO CONSORCIO CASCO VELLO E BLOQUEAR A REHABILITACIÓN DE 14 NOVAS VIVENDAS
A representante autonómica critica que, por un lado, o alcalde anuncie a concesión das licencias de Elduayen 39 e Ferrería 16 e, por outro, impida a súa execución
Recorda que, pese a representar tan so o 10% do CCVV, é necesario o visto e prace do Concello vigués para poder executar as partidas orzamentarias previstas
Considera un “sen sentido e un despropósito” que voten a favor do plan de actuacións para os vindeiros catro anos e, ao mesmo tempo, dinamiten a inversión
Reprocha ao alcalde vigués o seu empeño en “torpedear” a labor dun organismo que ata o día de hoxe suma 83 edificacións e 117 vivendas rehabilitadas na cidade
Recorda que a Xunta é a única administración que inviste en vivenda de promoción pública e que é responsabilidade única de Caballero a paralización do Consorcio
A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe San Sebastián 20, unha das últimas promocións do organismo rehabilitador que o Goberno local mantén paralizadas pola súa negativa a aprobar os orzamentos deste ano.
Segundo informou, o Consorcio está a funcionar coas contas prorrogadas do 2021, o que implica de facto a paralización da actividade de rehabilitación e o bloqueo de 9 edificacións e 14 vivendas de promoción pública, que suman en conxunto unha inversión superior aos 1,5 millóns de euros. Compre lembrar que pese a representar tan so o 10% do CCVV, o 90% restante corresponde a Xunta de Galicia, é necesario o visto e prace do Concello vigués para poder executar as partidas orzamentarias previstas.
A delegada detallou así que na mesma situación que San Sebastián 20 se atopan Hortas 2 e 4, Rúa Alta 8, 10, 12 e 14 e Elduayen 39 e Ferrería 16. Neste sentido, Fernández-Tapias incidiu no “torpedeo permanente” dos representantes socialistas no CCVV a todas as cuestións relativas a este organismo, que ata o día de hoxe ten rehabilitado 83 inmobles e 117 vivendas de promoción pública.
A representante autonómica criticou que, por un lado, o alcalde anuncie a concesión das licencias de construción de Elduayen 39 e Ferrería 16 e, por outro, impida a execución destas cinco novas vivendas ao opoñerse a aprobar as contas anuais, cunha cifra total de 4 millóns de euros.
“Pese a ter licencia, proxecto e orzamento non imos poder executalas mentres que o alcalde manteña bloqueadas as contas”, indicou, para engadir que “non so non activa as ferramentas urbanísticas que nos permitirían adquirir un maior número de propiedades e impide que construamos a sede do CGAC, o máis grave de todo é que agora paraliza a actividade do Consorcio Casco Vello de Vigo”.
“É absurdo que anuncien a concesión de licencias coma se fosen eles quen van rehabilitar e que logo bloqueen o orzamento para por en marcha a actuación. Que será o seguinte?”, se preguntou. Marta Fernández-Tapias incidiu tamén en que “se está a bloquear unha inversión de 1,5 millóns de euros e 14 vivendas en conxunto na cidade de Galicia coa maior demanda neste eido”.
Na opinión da delegada da Xunta é “unha mostra máis do nulo interese do alcalde por facilitar aos veciños vivendas de promoción pública, tendo en conta que a Administración autonómica é a única que as executa”. Asemade, chamou a atención sobre a “incongruencia” de que os mesmos representantes socialistas que votaron a favor do plan de actuación para os vindeiros catro anos, que contempla a compra de 25 edificacións (45 vivendas) e a mobilización de 14,5 millóns de euros, se opoñan a respaldalo con partidas reais.
Deste modo, tras indicar que as 12 vivendas que hai actualmente en construción corresponden ao exercicio orzamentario do 2021 (Subida ao Castelo 9, Elduayen 31 e Real 13), Fernández-Tapias responsabilizou directamente a Caballero de que o Consorcio Casco Vello de Vigo estea en unha situación de “bloqueo técnico”.