FERNÁNDEZ-TAPIAS ACOMPAÑA AOS RESIDENTES MEXICANOS EN VIGO NA CELEBRACIÓN DA SÚA INDEPENDENCIA

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiu hoxe aos actos de celebración do Día da Independencia de México organizados pola Asociación Chichénitza no Centro Cívico de Saiáns. A representante autonómica aproveitou a ocasión para felicitar á súa presidenta, Lucero Dámaso, por estes dous de vida da asociación.