FERNÁNDEZ-TAPIAS ACOMPAÑA A SEIS MATRIMONIOS DE CORUXO NA CELEBRACIÓN DAS SÚAS VODAS DE OURO E DIAMANTES

A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, acompañou hoxe a Luisa Comesaña e Francisco Estors, Marina Lago e Enrique Salgueiro, Florinda Misa e Francisco Rodríguez, Maribel Bao e Jacinto Cea, Pilar Dopesa e José Pérez e a Amelina Pérez e Maximino Comesaña na celebración das súa vodas de ouro e diamantes.

Fernández-Tapias acudiu ao festexo co que a Asociación de xubilados e pensionistas Avoa homenaxea a estes matrimonios da parroquia viguesa de Coruxo polos seus 50 e 60 anos xuntos, e tivo oportunidade de entregarlles uns agasallos en nome da Xunta.