FERNÁNDEZ-TAPIAS: “A XUNTA NON SUBVENCIONA LIÑAS AÉREAS DESDE 2013 E O ALCALDE INTENTA OCULTAR O SEU NOVO FRACASO”
A delegada territorial da Xunta en Vigo desminte que o Goberno galego sufrague calquera achega ni ningún tipo de campaña con compañías aéreas
“Prometeu aos vigueses voos internacionais en verano e ante outra nefasta xestión acusa outra vez ao inexistente inimigo exterior”, apunta representante autonómica
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, desmentiu este mércores que o Goberno galego subvencione liñas aéreas ou faga achegas de calquera tipo a ningunha compañía. A representante autonómica respondía así ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, ante unha nova acusación sobre supostas axudas realizadas desde a Xunta.
“Asistimos novamente a unha cortina de fume do alcalde e a un intento de desviar a atención ante o seu novo fracaso na xestión das subvencións que pretende repartir de modo discrecional”, sinalou Fernández-Tapias.
Desta maneira, lembrou que non subvenciona desde o ano 2013 a ningunha compañía aérea cando finalizou un acordo firmado polo Bipartito. “Mentres, o Concello de Vigo leva anos dedicando diñeiro público á subvencións a aeroliñas cunha absoluta falta de transparencia sobre o proceso de adxudicación deses recursos e sobre os resultados para a cidade deses investimentos. E deixando á cidade ao albur das decisións comerciais que tome en cada momento unha compañía aérea”, engadiu.
Segundo explicou a delegada, as declaracións chegan despois dun novo fracaso nos seus intentos de xestión aeroportuaria. “Prometeu aos vigueses voos internacionais en verano e cando non é capaz de cumprir, porque no mellor dos casos non serán ata o vindeiro inverno, apela de novo ao inexistente inimigo exterior”, apunta.
“Nin hai subvencións do Goberno galego, nin hai campañas do Xacobeo en aerolíñas, nin hai nada de nada, nin un só euro en publicidade… ”, sinalou a delegada da Xunta en Vigo.
Por último, Marta Fernández-Tapias sinalou que o alcalde “tenta tapar a súa ineficacia mentindo de novo e esgótaselle o crédito, xa non engana a case ninguén”.