Feijóo presidiu en Vigo os actos de homenaxe a Xela Arias polo Día das Letras Galegas

Alberto Núñez Feijóo presidiu en Vigo varios actos para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora, tradutora e editora Xela Arias
O acto organizado polo Goberno galego celebrouse no IES Castelao da cidade viguesa, onde estudou Xela Arias, a quen Núñez Feijóo definiu como “urbanizadora da nosa cultura, introdutora de novos horizontes e unha das creadoras da industria editorial do país a través de Edicións Xerais”
O xefe do Executivo galego tamén presidiu a sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega no Auditorio Mar de Vigo