CMUS, ESAD E CIFP AUDIOVISUAL COLABORAN EN VIGO PARA A MONTAXE “ÚNICA E PIONEIRA” DA ÓPERA ORFEO E EURÍDICE COA COLABORACIÓN DE 160 ALUMNOS E 25 PROFESORES

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, destacou a impliación do profesorado e alumnado nunha iniciativa na que tamén participan outros tres centros de formación profesional e a Escola Oficial de Idiomas
“Todos eles demostran o talento co que contamos na nosa cidade e tamén a calidade da ensinanza nos nosos centros educativos”, sinalou a representante autonómica durante a presentación
O auditorio do CIFP Audiovisual de Bouzas acollerá este xoves e venres, ás 20:00 horas, a representación da ópera cun total de 26 músicos e 40 cantantes sobre o escenario

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este martes a montaxe da Ópera Orfeo e Eurídice na que participan o Conservatorio Superior Profesional de Música (CMUS), a Escola Superior de Arte Dramático de Galicia (ESAD) e o CIFP Audiovisual de Bouzas e na que colaboran tamén a Escola Oficial de Idiomas, o CIFP Manuel Antonio, o IES de Teis, o  CIFP Valentín Andrade e o CIFP Granxa de Ponteareas.

A representante autonómica explicou que auditorio do CIFP Audiovisual de Bouzas acollerá este xoves e venres (20:00 horas), a representación da ópera cun total de 26 músicos e 40 cantantes sobre o escenario. Ademais, na montaxe participan case 200 alumnos e profesores. “Grazas a todos pola iniciativa, grazas pola vosa implicación para que saia adiante, pero sobre todo grazas pola xenerosidade para colaborar neste evento único”, apuntou Ortiz.

Durante a presentación, a delegada estivo acompañada polo director territorial de Educación, César Pérez Ares, e polos directores do CMUS, Esteban Valverde; da ESAD, Roberto Relova, e do Audiovisual, Miguel Anxo Ribeiro. “O voso esforzo e o de todo o profesorado e alumnado demostra o talento co que contamos na nosa cidade e tamén a calidade dos nosos centros educativos”, sinalou Ortiz.

Pola súa banda, o director territorial destaco que se trata dunha iniciativa única en Galicia y España. “É un proxecto único e pioneiro, un evento educativo e pedagóxico desde o punta de vista integrador, porque tres centros de ensinanzas artísticas poñen en marcha un evento que leva consigo moitas horas de traballo e moita implicación por parte de moitas persoas”, sinalou Pérez Ares.

Miguel Anxo Ribeiro destacou que esta montaxe “é o resultado da boa sintonía entre as direccions do centro”, mentres que Esteban Valverde apuntou que “a importancia do proxecto é elevada, porque non é doado de facer nin ver, non hai moitas cidades que teñan centros dispostos e estou seguro de que vai a ser un éxito e o inicio de cousas  futuras”.

Por último, Roberto Relova salientou o traballo de José Ángel Campos, director da ópera e profesor do canto no CMUS, así como das inspectoras pola sua sensibilidade coa ensinanza publica. “Temos un proxecto envidiable e estamos nun momento extraordinario para a nosa escola, cun alumnado totalmente implicado e un claustro de profesores impresionante”, subraiou.