Ana Ortiz salienta o compromiso da Xunta coa “sensibilización social e a plena inclusión” a través da regata “Vigo a VelA”
A delegada territorial de Xunta en Vigo participou este xoves na presentación da terceira edición da proba que se celebrará o vindeiro 27 de outubro
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, destacou este xoves no Real Club Náutico de Vigo o labor que leva a cabo a III Regata Inclusiva “Vigo a Vela” para achegar o mar ás persoas con discapacidade. Así o fixo durante a presentación da terceira edición da proba que se celebrará o vindeiro 27 de outubro na ría de Vigo.
A representante autonómica destacou o apoio da Xunta de Galicia a esta nova edición dunha iniciativa que naceu co obxectivo de concienciar á sociedade. “Estamos ante un bo exemplo dunha actividade deportiva que ten como obxectivo sensibilizar á sociedade sobre a plena inclusión das personas con discapacidade a través do deporte”, sinalou Ortiz.
A regata disputarase na ría de Vigo con preto de 15 equipos con embarcacións profesionais e cunha tripulación mixta formada por profesionais da vela e persoal de asociacións e entidades que traballan con persoas con discapacidade física ou intelectual. Cada barco contará cun padriño ou madriña, procedentes do mundo do deporte, a escea social e cultural ou a comunicación.
Na presentación da proba, ademáis da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, participaron a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez; o presidente do Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela; o tenente de navío da Escola Naval Militar de Marín, Eugenio Díaz del Río; o CEO de Mundinova, Diego Maraña; a responsable de Comunicación de Coca-Cola Europacific Partners, María Troncoso; a directora de Banca Privada en Galicia Sur do Banco Sabadell, Patricia de Oya; o coodinador de Inserta Empleo en Galicia da Fundación ONCE, Juan Camba, e o director do Hotel Attica21, Daniele Provezza, e María Pintos, de Sailway

