ANA ORTIZ SALIENTA A CREATIVIDADE DO COMERCIO LOCAL DE VIGO NA GALA DO IV CONCURSO “ILUMINA O TEU ESCAPARATE”
A delegada da Xunta participou na entrega de premios da iniciativa celebrada para activar o consumo nos establecementos de proximidade
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este domingo na gala de entrega de premios da cuarta edición da campaña Ilumina o teu escaparate e a túa fachada, unha iniciativa organizada polas asociacións de comerciantes e que contou co apoio da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para activar o consumo nos establecementos de proximidade das diferentes zonas da cidade durante estas datas.
Na iniciativa participaron a Federación de Comerciantes de Pontevedra e os comerciantes das Travesas, Bouzas, Zona Príncipe, Teis, Navia, Casco Vello, Comerciantes e Empresarios Vigo Vertical (Torrecedeira, Pi y Margall e Camelias), Calvario, Zona Náutico, Xeral-Acexvigo e Vigo Centro. Entre os máis de 110 negocios adheridos ao certame, sorteuose unha fin de semana nunha casa rural e unha estancia nun hotel-spa, ademais de premios en metálico e unha cesta de produtos.
A representante autonómica, que estivo acompañada pola vicepresidenta da Deputación de Pontevedra Luisa Sánchez, e polo presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, Iván Iglesias, destacou o valor deste tipo de iniciativas para fomentar e dinamizar o comercio de proximidade, contribuíndo ademais a converter os escaparates nun elemento dinamizador e atractivo durante períodos de gran afluencia.
Así mesmo, Ana Ortiz fixo fincapé na importancia da formación, salientando as sesións sobre escaparatismo, merchandising, atención al cliente e redes sociais ás que puideron asistir todos os integrantes das asociacións de comerciantes.
Listado de gañadores
- As Travesas: Glamour
- Zona Teis: Peluquería chocolat
- Calvario: El atelier de Diego Caride
- Vigo centro: Ibéricos a Veiga
- Bouzas: Bom Bom
- ACEX: La espiga de oro
- Zona Náutico: Royal Perfumes
- Feprotur: Restaurante Avión
- AHOSVI: Hotel Pazo Los Escudos
- Gañador absoluto: Royal Perfumes




