ANA ORTIZ RECIBE NA DELEGACIÓN DE VIGO Á XUNTA DIRECTIVA DA COMUNIDADE PERUANA EN GALICIA

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo unha xuntanza cos representantes do colectivo peruano en Galicia na que informaron sobre as actividades levadas a cabo desde a asociación. A representante autonómica ofreceulles colaboración e informoulles sobre a formación existente para que os integrantes da comunidade peruana poidan incorporarse ao mercado laboral de forma regrada.