ANA ORTIZ RECIBE AOS ORGANIZADORES DA NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL THE WILD NOS MONTES DE SAN MIGUEL DE OIA

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, recibiu este luns ao orgnaizadores da nova edición de The Wild, Festival Internacional de Cinema e Medioambiente, que se celebrará do 30 de agosto ao 1 de setembro no parque forestal de San Miguel de Oia. O presidente, Óscar Gallego; o vicepresidente Juan Pablo Pérez, e o xestor, Juan de Castro, informaron á representante autonómica sobre as actividades paralelas que comezaron xa o pasado 3 de maio cos duelos das bandas de música do concurso Salvaxesons en Vialia Vigo.