ANA ORTIZ RECIBE Á NOVA PRESIDENTA DO INSTITUTO DE ESTUDOS VIGUESES, MERCEDES BANGUESES

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo unha xuntanza este mércores coa nova presidenta do Instituto de Estudos Vigueses (IEV), Mercedes Bangueses, e co vicepresidente, Antonio Giráldez Lomba. Durante o encontro, a representante autonómica coñeceu as actividades que xa prepara o insituto vigués para o presente ano 2026.