Ana Ortiz presenta a nova campaña de dinamización “O COMERCIO DE BARRIO TEN COR” no Mercado de Teis
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns o Mercado de Teis para presentar unha nova acción divulgativa destinada á dinamización do comercio local. A representante autonómica fixo un percorrido pola praza viguesa xunto ao xerente, Roberto Giráldez, con motivo da posta en marcha da campaña “O comercio de barrio ten cor” coa que o mercado sorterará máis de 600 premios por calquera compra nos establecementos asociados.