Ana Ortiz participa no lazo humano celebrado en Vigo no Día Internacional do Cancro Infantil
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este sábado no lazo humano representado en Vigo coa organización da Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia (Asanog) e El Corte Inglés con motivo do Día Internacional do Cancro Infantil.
“Este lazo dourado que formastes hoxe é a imaxe da sensibilidade que Vigo ten cara a eses nenos e esas familias que se enfrontan a un momento tan duro e complicado”, sinalou Ortiz unha vez rematada a iniciativa na centro da cidade.
No acto, que tivo lugar na Gran Vía de Vigo, participaron empregados dos grandes almacéns e membros de Asanog, así como decenas de cidadáns que quixeron unirse á iniciativa. O lazo dourado simboliza o cancro infantil ao comparar a fortaleza e a resistencia dos nenos.



