ANA ORTIZ PARTICIPA NA PRESENTACIÓN DA NOVA CAMPAÑA “VOLTA AO COMERCIO” NO BARRIO VIGUÉS DE AS TRAVESAS

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este venres na presentación da nova campaña “Volta ao Comercio” organizada polo Centro Comercial As Travesas. A representante autonómica asistiu ao anuncio da inciativia cofinanaciada polo Goberno galego e que se celebra do 29 de setembro ao 11 de outubro co obxectivo de fomentar o consumo nos establecementos do barrio vigués. Así, os clientes que compren produtos por un importe igual ou superior a 20 euros entrarán no sorteo de 1.000 euros en cheques Travi.