Ana Ortiz participa na apertura do Congreso da Asociación de Xuizas e Xuíces pola Democracia en Vigo
A delegada da Xunta en Vigo destacou a modernización das infraestruturas coa apertura da Cidade da Xustiza
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este xoves na apertura das XXXVIII Xornadas da Asociación Xuizas e Xuíces pola Democracia que se celebran na cidade este 13 e 14 de xuño. Durante a súa intervención, a representante autonómica destacou a modernización das infraestruturas na cidade grazas a construcción da Cidade da Xustiza.
Ana Ortiz deu a benvida aos participantes nas xornadas e invitounos a visitar a Cidade da Xustiza, construída pola Xunta de Galicia cun investimento de máis de 42 millones e en marcha desde hai un ano co traslado desde os edificios da rúa Lalín.
“Hoxe debemos reivindicar a ilustre tarea de administrar xustiza de forma independente e responsable, sometidos unicamente ao impero da lei. Creo que isto é básico e fundamental, porque quero incidir hoxe na imprescindible independencia do poder xudicial e da necesidade de defender a súa labor”, sinalou.
O colectivo de xuíces elexiu Vigo para realizar este congreso e abordar durante dous días a mellora da administración de xustiza, así como a crise institucional e a súa repercusión nos tribunais. Máis de 30 xuizas e xuíces de toda España debatirán sobre as propostas para as melloras da escola xudicial e levarán a cabo a presentación das propostas de seccións territoriais e comisións de traballo, así como a a elección do novo secretariado da asociación.
No acto, celebrado no Museo de Arte Contemporánea (Marco), participaron tamén Begoña García Meléndez, coordinadora do Secretariado de Xuizas e Xuíces pola Democracia; José María Gómez e Díaz-Castroverde, presidente do TSXG; Manuel García Palacios, secretario de Estado de Xustiza, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
