ANA ORTIZ PARTICIPA EN VIGO NOS ACTOS DO DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE “BAIXO O MESMO PARAUGAS”

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este mércores no acto para celebrar o Día Internacional da Discapacidade «Baixo o mesmo paraugas», no que máis dun centenar de paraugas de cores realizaron o percorrido entre a Delegación Territorial do Goberno galego na cidade e Estación de Ría. Os paraugas abríronse un ano máis en seis cidades galegas para concienciar sobre a diversidade e reivindicar de forma conxunta unha vida digna e plena para este colectivo. No acto levouse a cabo a lectura dun manifesto realizado por varias persoas con discapacidade.