ANA ORTIZ PARTICIPA EN VIGO NO DÍA DA CUESTACIÓN DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este xoves na iniciativa da Asociación Española contra o Cancro (AECC) para pedir no tradicional Día da Cuestación a colaboración de toda a sociedade viguesa para superar o 70% de supervivencia para o ano 2030.
Segundo explicaron os organizadores, o recadado a través do tradicional peditorio destinarase a impulsar a investigación en cancro, seguir cubrindo as necesidades de pacientes e familiares, así como concienciar á sociedade sobre a necesidade de adoptar hábitos de vida saudable. A AECC conta este ano cun total de 27 mesas repartidas pola cidade de Vigo, desde as 10:00horas en horario de mañá e tarde.
