Ana Ortiz mantén unha xuntanza de traballo cos responsables da Agrupación Territorial Galicia-Norte de Portugal
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este mércores unha xuntanza de traballo co director e o secretario da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT), Nuno Almeida e Xosé Lago, respectivamente.
Na reunión a representante autonómica tivo a oportunidade de abordar o estado actual dos programas que o axente dinamizador e de interconexión para a Eurorrexión ten en marcha a día de hoxe. Programas en áreas como o emprendemento, a educación -a través do Programa Iacobus-, a cultura e patrimonio, o turismo, a innovación e o ambiente sostible, a saúde e o benestar, a agricultura, o deporte e a cidadanía, entre outras.