ANA ORTIZ FELICITA AO CENTRO DE ESTUDOS ALOYA POLO SEU PRÓXIMO 60 ANIVERSARIO
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este xoves o Centro de Estudos Aloya para felicitar á comunidade escolar ante o seu próximo 60 aniversario que celebrarán o vindeiro ano. Durante o percorrido polas instalacións viguesas de O Castro, a representante autonómica estivo acompañada pola directora, Estefanía Martínez-Brocal, e a xefa de estudos, Elena Galván, que detallaron os preparativos dos actos de celebración que comezarán este mesmo ano.



