Ana Ortiz entrega material da Xunta á campaña “Cada neno un xoguete” impulsada desde Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns as instalacións de recollida e reparto da campaña solidaria “Cada neno un xoguete” impulsada desde Vigo pola Asociación Stop. Xunto co seu director, Carlos Leiro, a representante autonómica percorreu as instalacións, e fixo entrega aos impulsores da campaña solidaria de material da Xunta.
A representante autonómica, quen gabou a importante labor deste tipo de iniciativas, agradeceu a colaboración de entidades privadas e voluntarios para facer posible que “ningún neno quede sen o seu xoguete este Nadal”. Co obxectivo de superar as cifras acadadas no 2023, este ano Stop Vigo conta con 27 puntos de recollida de regalos e xa recibiu máis de 11.500 xoguetes. Ademais, destacou a iniciativa para enviar nos vindeiros días un furgón con máis de 1.500 xoguetes destinados a 740 nenos de colexios de Valencia e materiais didacticos donados por particulares e empresas.

