ANA ORTIZ E PABLO FERNÁNDEZ PARTICIPAN NA PRESENTACIÓN DO PROXECTO DO CONCELLO DO PORRIÑO PARA A FEIRA STONEGAL
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participaron este lunes xunto ao alcalde de O Porriño, Alejandro Lorenzo, na presentación da proposta expositiva do Concello para a feira internacional Stonegal 2025, que terá lugar en Vigo do 3 ao 5 de xuño de 2025. O evento forma parte da colaboración entre o Concello, o Clúster do Granito e a organización da feira, co obxectivo de destacar o papel de O Porriño como referente na industria da pedra natural.



