ANA ORTIZ E ARTURO PARRADO VISITAN O CENTRO DE ACOLLIDA E ALBERGUE DA FUNDACIÓN SANTA CRUZ
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acudiron este sábado ao Centro de Acollida e Albergue da Fundación Santa Cruz. Durante o encontro, os representantes autonómicos visitaron as instalacións da fundación e os programas que nese momento se estaban a desenvolver, como o de alfabetización e coñecementos dixitais. Ademais, coñeceron os obradoiros destinados á adquisición de pautas de conduta, ó desenvolvemento da autoestima e a capacitación dos usuarios que se encontran no centro.