Ana Ortiz destaca os avances no barrio de Navia con 163 vivendas de promoción pública con obra adxudicada e outras 153 licitada
A delegada territorial en Vigo visitou este xoves a parcela MV-4 do polígono 2 de San Paio de Navia onde se construirán 55 novas vivendas
O Goberno galego financiará con fondos propios a licitación da redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra cun investimento de 440.000€
Neste ámbito da cidade de Vigo están en marcha 755 vivendas públicas, en distintas fases de execución, e investimentos que superan os 111M€
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o director territorial de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, José Manuel González, visitaron este xoves a parcela do polígono 2 de San Paio de Navia que acollerá unha nova promoción de 55 vivendas de promoción pública (VPP).
Os representantes autonómicos explicaron que o Consello da Xunta xa autorizou un novo contrato da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) para a redacción do proxecto para a construción destas vivendas no barrio vigués de Navia. A licitación deste contrato, financiada integramente con fondos propios da Xunta, rolda os 440.000 euros, e inclúe os servizos de redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra para a construción das novas VPP, garaxes, rochos e locais na parcela MV-4 do polígono 2 de San Paio de Navia.
Ana Ortiz destacou o importante avance das obras cando se cumple o primeiro ano do novo mandato do Goberno galego. “A ampliación de Navia marcha a un ritmo inmellorable, con dúas novas edificacións xa en plena construcción e outras tres xa adxudicadas e pendentes de licencia”, sinalou.
A delegada detallou que actualmente xa hai un total de 163 viviendas de promoción pública con obra adxudicada e 153 con obra licitada. Ademais, outras 341 están na redacción de proxectos e dirección de obra, mentres que tan só 99 máis están pendentes da licitación do proxecto.
“Cumplimos co noso primeiro obxectivo que é avanzar o máis efizcamente posible para dotar a nosa cidade de nova vivenda pública”, engadiu Ortiz. No caso das 55 vivendas da parcela MV-4, Vipugal licitará nas vindeiras semanas este contrato, unha vez autorizada polo Executivo autonómico.
Investimentos que superan os 111M€
O Goberno galego segue intensificando o ritmo de traballo no desenvolvemento da construción de vivenda de promoción pública nas grandes cidades e a súa área de influencia, sendo Navia o exemplo do traballo que se está a facer nesta materia. Neste ámbito da cidade de Vigo están en marcha 755 vivendas públicas, en distintas fases de execución, e investimentos que superan os 111M€.
A estas vivendas en Navia cómpre sumar as que se poidan construír a través da Estratexia de solo residencial da Xunta nos ámbitos que se desenvolverán en Vigo. Trátase do ámbito do Ofimático que permitirá a construción de 2.300 vivendas.
A Xunta, a través de Vipugal traballa no obxectivo de promover na comunidade 2.350 vivendas públicas ata el 2028, para conxuntamente coas impulsadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) acadar o reto de chegar ás 4.000 novas vivendas protexidas nesta lexislatura, tendo xa en marcha en 9 meses, máis de 1.700 vivendas en distintas fases de execución.

