ANA ORTIZ DESTACA O APOIO DA XUNTA AO COMERCIO LOCAL CUNHA NOVA CAMPAÑA DO DÍA DA NAI NA ZONA TRAVESAS
A delegada territorial da Xunta salienta a iniciativa para “promover o consumo nos establecementos de proximidade”
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este luns xunto a campaña do Día da Nai xunto ao presidente da Federación Provincial de Comercio e da Asociación de Comerciantes de As Travesas (Aetravi), Iván Iglesias. No acto, celebrado no Mercado das Travesas, a representante autonómica destacou o apoio do Goberno galego ao comercio local para “promover o consumo”.
Segundo explicou Ortiz, a zona comercial do barrio vigués lanza unha nova campaña con motivo do Día da Nai, unha das datas máis especiais do ano. Baixo o lema “Bicos para mamá”, esta iniciativa busca premiar as compras no comercio local “cun detalle exclusivo pensado para sorprender e agradecer ás nais todo o seu amor e dedicación”.
Esta acción enmárcase dentro das iniciativas de dinamización do comercio de proximidade e está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través das súas liñas de apoio aos centros comerciais abertos. A campaña reforza o vínculo entre comercio e comunidade, promovendo o consumo responsable e apostando pola economía local.
A delegada territorial apuntou que desde o 23 de abril e ata o 4 de maio, todas as persoas que realicen compras iguais ou superiores a 20 euros nos establecementos adheridos á campaña recibirán de agasallo unha bolsa de deseño, ata fin de existencias.

