ANA ORTIZ DESTACA O APOIO DA XUNTA A DOWN VIGO PARA FOMENTAR A APRENDIZAXE E A INCLUSIÓN SOCIOLABORAL A TRAVÉS DOS CENTROS SOCIOCOMUNITARIOS
A delegada territorial de Xunta en Vigo visitou este venres o Centro Sociocomunitario Rivera Atienza no que mozos realizan prácticas grazas ao proxecto financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, vistiou este venres o Centro Sociocomunitario Rivera Atienza no que catro mozos e mozas da Asociación Down Vigo realizan prácticas remuneradas no marco do proxecto Aprendizaxe e Inclusión Sociolaboral que financia a Consellería de Política Social e Xuventude.
A representante autonómica destacou o apoio da Xunta para fomentar a promoción da vida autónoma das persoas con discapacidade e a súa integración no mundo laboral. “É prioritario ofrecer a igualdade de oportunidades e o Goberno galego sempre vai a colaborar na busca de programas de educación e inclusión”, sinalou.
Grazas a este proxecto dous mozas e dous mozos de Down Vigo realizan prácticas en catro centro sociocomuniarios da cidade: Rivera Atienza, Bouzas, Coia e Calvario. Durante á visita, Ana Ortiz estivo acompañada pola directo do centro, Begoña Amigo, polo director de Down Vigo, Roberto Campo, e polos preparadores laborales, Miguel Estévez e David Esperón.
“Down Vigo ten demostrado ser un cooperador fundamental do Goberno galego na procura dunha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaria, e neste sentido quero agradecer a súa implicación e traballo para seguir facendo da nosa Comunidade un mellor lugar para vivir”, destacou.