ANA ORTIZ DESTACA DURANTE O DÍA DA MUIÑEIRA NO IES SANTA IRENE O “LABOR CULTURAL” DE WESCENLAO CABEZAS
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, destacou este xoves durante os actos do Día da Muiñeira no IES Santa Irene o “labor cultural” realizado por Wescenlao Cabezas “Polo” na divulgación do baile e a música tradicional. A representante autonómica destacou que o veterano mestre iniciou a súa formación no baile tradicional galego en 1955 precisamente no Instituto Santa Irene de Vigo e actualmente é unha “referencia indiscutible” en toda Galicia.
