Ana Ortiz destaca a gala ASEM Galicia como forma de visibilizar entre a poboación as enfermidades neuromusculares

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este venres na gala benéfica anual da Asociación Asem Galicia con motivo do Día Nacional das Enfermidades Neuromusculares. No evento celebrado no Centro Vialia Vigo, onde participaron grupos de baile e danza, así como espectáculos de maxia, a representante autonómica destacou a iniciativa como forma de visibilizar o obxectivo de achegar á poboación o coñecemento destas enfermidades para establecer lazos de axuda mutua máis intensos.