ANA ORTIZ DESTACA A EVOLUCIÓN DE BISCUITS GALICIA E A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA NO SEU 20 ANIVERSARIO

A delegada territorial da Xunta visitou este luns xunto ao alcalde de O Porriño, Alejandro Lorenzo, a planta da empresa nada en Vigo hai dúas décadas

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns xunto ao alcalde de O Porriño, Alejandro Lorenzo, a planta da empresa Biscuits Galicia no polígono de As Gándaras con motivo da celebración do aniversario da marca nada en Vigo hai dúas décadas xunto ao parque de Castrelos.

“Estamos ante unha empresa de referencia para o sector, modélica polo seu investimento en modernización tecnolóxica e tamén un exemplo de internacionalización”, destacou a representante autonómica. A delegada salientou o apoio do Goberno galego á firma galleteira a través de proxectos de innovación organizativa, modernización tecnolóxica e dos programas Re-Acciona.

Ortiz apuntou que Biscuits Galicia foi a primeira fábrica de galletas na nosa comunidade e que en 2024 superou as 800 toneladas de produto comercializadas. Ademais, facturan uns 4 millóns de euros ao ano e dan emprego a 26 persoas para a fabricación de tres familias de produtos, galletas e pastas para café, madalenas e masas brandas e cracker.

Biscuits Galicia está presente en toda España, con máis forza no noroeste, e tamén teñen presenza en Portugal, Bélxica e en China. Actualmente, a exportación ronda entre un 6 e un 7% da súa cifra de negocio e a súa idea é chegar ata o 20% nuns. Hai anos xa que se implantaron en Reino Unido distribuindo os seus produtos en pleno centro de Londres.