ANA ORTIZ DESTACA A APOSTA DA XUNTA POLO TALENTO ARTÍSTICO EN VIGO A TRAVÉS DO CONCURSO MEGAESTRELAS
A delegada territorial da Xunta participou este martes na presentación dunha nova edición do Talent Show
As audicións do concurso celebraranse o 9, 16 e 22 de maio, e a final será o 30 de maio, todo no Centro Vialia Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, destacou este martes a evolución do concurso vigués Talent Show Megaestrelas como plataforma de impulso para os artistas emerxentes na cidade. A representante autonómica incidiu na importancia da alianza entre o Goberno galego e o certame co obxectivo de descubrir novos talentos con acento vigués.
Durante a presentación, celebrada na fachada da Delegación do Goberno galego na cidade e coa presenza de alumnado do CEIP Pintor Laxeiro, houbo actuacións de Virginia Cruz, finalista de canto da anterior edición, e de Daniela Miniño, campeona de baile individual hai dous anos na modalidade individual e campeona do mundo o ano pasado en Birmingham.
Segundo explicou Ana Ortiz, a administración autonómica mantén o seu apoio ao Talent Show nesta nova etapa na que xa participan persoas maiores de idade. “Temos un talento extraordinario na cidade e Megaestrelas ofrece unha oportunidade única para que emerxa”, sinalou.
Acompañada por Kike Corbacho, promotor do evento e director da produtora galega de televisión Linea Press, a delegada convidou aos vigueses a asistir ao evento que se celebrará os vindeiros 9, 16 e 22 de maio, así como a final o 30 de maio, no escenario Foodcourt de Vialia Vigo.
Xurado
O xurado, formado por profesionais, serán os encargados de valorar aos participantes e elexir aos mellores nas categorías de canto, baile, maxia e interpretación. Os castings serán a porta aberta ao público coa limitación de aforo. O xurado estará formado polo persoal da produtora Linea Press con cantantes, bailarins profesionais, como Rubén de Sá, Isidro Betancourt, Yennia, Alex Solla e Elvia Gago. Valorarán as actuacións e elexirán aos mellores. Os castings serán a porta aberta ao público coa limitación de aforo pertinente.



