ANA ORTIZ DÁ A BENVIDA Á NOVA COMISARIA DA POLICÍA NACIONAL DE VIGO

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, recibiu este luns á nova comisaria da Policía Nacional de Vigo, Miriam Rifai Corpas. A representante autonómica deulle a benvida e felicitou á comisaria, primeira muller que ocupa o cargo de xefa da Brigada de Seguridade Cidadá. Licenciada en Bioloxía e con dúas cruces ao Mérito Policial con distintivo branco e unha cruz da Garda Civil, Miriam Rifai estivo acompañada na súa visita á Delegación Territorial do Goberno galego en Vigo polo comisario Ramiro Gómez.