Ana Ortiz clausura o programa integrado de emprego que formou a 100 persoas en O Porriño
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este xoves na clausura do Programa Integrado de Emprego (PIE) que se celebrou durante o último ano no Concello de Porriño. A representante autonómica, que estivo acompañada polo alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou a alta porcentaxe de inserción laboral que acadou a iniciativa.
