ANA ORTIZ ASISTE AO SIMULACRO XERAL DE ACCIDENTE NO AEROPORTO DE VIGO
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, asistiu este mércores ao simulacro xeral de accidente no Aeroporto de Vigo con activación do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia. O simulacro tivo como obxecto avaliar os procedementos de actuación e coordinación establecidos no devandito plan, analizar a súa eficacia e comprobar o grao de coñecemento e integración dos diferentes colectivos implicados na atención dunha emerxencia aeroportuaria.
