Ana Ortiz asiste ao concerto solidario “Por Eles e por Elas” en favor da Fundación Stop Leucemia

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, asistiu este venres ao concerto solidario “Por Eles e por Elas” celebrado coa axuda do Goberno galego no Teatro Afundación co obxectivo de recadar fondos para a Fundación Stop Leucemia contra o Cancro Hematolóxico, a quen se destina a recadación integra do concerto. O evento contou coa actuación de grupos e artistas galegos, como Ardentía, Orféon Mariñeiro do Berbés e o grupo Os Carunchos e coa participación especial de Guadi Galego, con Avelino González, actor e dramaturgo vigués, facendo de mestre de cerimonias.